Xogo Descuberto estrea local social

Os compañeiros do colectivo Xogo Descuberto estrean local social cultural, e para festexalo convidannos a asistir á festa de inauguración, este sábado 25 de abril a partires das 17:00 h.

O local está situado na rúa Salvaterra, 13 (no vello centro comercial 2 de Coia) e nos din que: "Haberá taller de globoflexia e contacontos para os máis pequenos, pinchos de balde, teatro, algunha actuación musical, e para rematar unha queimada e unha foliada (traede o voso instrumento!). Agardamosvos con impaciencia, unha aperta!"

{mosimage}