«14 quilómetros» o blog de Javier Baeza

Navegando na rede atopamos o blog de Javier Baeza, sacerdote da parroquia San Carlos de Borromeo de Entrevías.

O blog chámase catorcekilometros.blogspot.com, o porqué dese nome o tedes aquí:

"14 quilómetros marcan a distancia entre a exclusión e a inclusión. Esa distancia separa a Porta do Sol, punto neurálxico de Madrid, da Canella Real Galiana e do Poboado do Gallinero.14 quilómetros separan a costa europea dun continente empobrecido.Catorce quilómetros: unha distancia moi longa para os que se ven obrigados a percorrela cada día. Con este blog pretendo visibilizar e render homenaxe a todas esas persoas que peregrinan cada día polas marxes da exclusión."