Xantar solidario do Comité Óscar Romero

O domingo 22 de marzo o Comité Oscar Romero organizou, por terceiro ano consecutivo un xantar solidario para lembrar a memoria do noso "patrón", San Romero de América, con colectivos da nosa cidade (Ser@s, Imán e Aida), nos baixos do Complexo parroquial. Xuntámonos alí máis de cen persoas e foron atendidas polos integrantes do Comité. Achegáronse ata o lugar, a maioría nun autobús alugado para tal fin, ateigando as mesas preparadas. Saboreamos un xantar preparado con moito agarimo (dous pratos, ricos postres e café), disfrutaron dun rato de charla ao sol e agradeceron as atencións alí recibidas.


Un comentario

Los comentarios están cerrados.