Marciano Vidal introduce á comunidade na Bioética

Este fin de semana Marciano Vidal achegounos á realidade da bioética dende unha óptica cristiá. O venres Marciano introduciunos ao concepto de bioética e aos seus diferentes enfoques para rematar apuntando algunhas ideas sobre as intervencións no inicio da vida.

O sábado pola tarde a charla estivo centrada na derradeira etapa da vida centrándose nas atencións e coidados previos á morte.

Marciano Vidal presentounos de xeito moi accesible un tema tan complexo como o da bioética, deixando claro que antes de tomar postura compre ter moita información.