Os xornais de Vigo fanse eco da convocatoria polas catro persoas mortas na rúa

Podemos ler hoxe no Faro de Vigo unha entrevista a Antón Bouzas na que fala da situación dos sen teito da cidade, do mesmo xeito o Atlántico publica unha nova na que se recolle a situación de gravedade na que se atopa este colectivo.

Lembramos que hoxe nas portas de Cortefiel (na rúa do Príncipe) celebramos o acto ás 19.00 h en lembranza dos catro compañeiros mortos.