Onte remataba na cidade brasileira de Belém de Pará a última edición do Foro Social Mundial (FSM) que reuniu a persoas e grupos que traballan por facer real o lema de que "Outro mundo é posible".
Foron varios días de debates e conferencias nos que se traballou especialmente sobre os seguintes temas: a preservación ambiental, ao ter como escenario a Amazonia, a crise do capitalismo globalizado e a guerra en Oriente Medio.
Podedes ter moita información do FSM na súa web e na web de Altermundo.