Os Reis Magos visitaron o barrio contentando a cativos e maiores

Ao igual que en edicións anteriores a Cabalgata deste ano foi todo un éxito, na que vimos gozar a todos os públicos: cativos e maiores.

Coemzamos co lanzamento de dous globos de papel na praza do Pobo, para seguir coa adoración das súas Maxestades os Reis Magos ao Neno Jesús no interior da igrexa. Deseguido creouse unha grande fila de nenos coa súa carta para entregarlla aos Reis, e darlles un grande abrazo, a cambio dun momento máxico e dunha morea de caramelos.

Ao fondo, un grupo de mulleres deleitáronnos cunha grande chocolatada acompañada do típico roscón de Reis, mentres outro grupo amenizaba o momento cantando panxoliñas.

Pois nada máis lembrar que podedes ver algunhas fotos na Galería de imaxes e esperarvos o ano que ven.