A asociación de mulleres Dorna presenta a programación para o primeiro trimestre do ano:
:: XANEIRO ::
Impartiránse os cursiños de:
– Patchwork os xoves de 11.30 a 12.30
– Ioga os martes e xoves de 16.45 a 17.45
– Tai-chi os martes e venres ás 11.30
– Danza oriental os sábados de 17.00 a 19.00
Ademais neste mes comenza un novo curso: "POLA IGUALDADE" aberto a homes e mulleres, ao que podedes anotarvos os luns de 19.00 a 20.00
:: FEBREIRO ::
Continuarán os cursiños de: Patchwork, Ioga, Tai-Chi, Danza oriental e Pola Igauldade.
O 19 de febreiro celebramos a asemblea xeral da socias ás 17.30 en primeira convocatoria e ás 18.00 en segunda convocatoria cos seguintes temas:
1- Orde do día
2- Estado de contas
3- Memoria de actividades
4- Rogos e preguntas
:: MARZO ::
Continuarán os cursos de: Patchwork, Ioga, Tai-Chi e Danza oriental.
– Celebramos a SEMANA DA MULLER xa que o 8 de Marzo é o Día da Muller. Así o 5 de Marzo ás 18.00 teremos unha charla-coloquio.
– Viaxe cultural a Cuenca: 26 -27-28 e 29 de Marzo