Campaña de Nadal 2008

A natureza -en forma de furacáns- arrasou gran parte do territorio de Haití. Ventos tempestuosos e choivas torrenciais caeron sobre os países situados no Caribe, e adoitan ser máis negativos en perdas de bens e vidas de persoas e gando alí onde as estruturas son máis débiles por causa da pobreza, como foi o caso de Haití.

Infórmannos da terrible situación na que viven os campesiños, que perderon casas, terras, gañado, útiles de traballo… Fannos unha petición de axuda urxente para poder ofrecerlles alimentos, medicamentos, construción de casas, útiles de traballo…

ACCIÓN VERAPAZ solicita esta axuda a quen queiran colaborar, coa promesa de que todo canto se reciba será mandado a Haití a través da Congregación Relixiosa "Petits Frères de Sainte Thérèse", cos que veñen traballando desde fai anos en proxectos de educación, de construción de escolas e infraestruturas, de saúde, de apoio para a mellora da produción agrícola, de desenvolvemento e promoción da muller…

A nosa Parroquia decidíu incorporarse a esa axuda facéndolles chegar a recadación da Campaña de Nadal 2008, os donativos pódense entregar en metálico na Parroquia ata o 25 de Xaneiro, ou na conta nº 45175 de Caixanova.