O ano pasado o grupo Imán e con el a nosa comunidade fixo un grande esforzo por visibilizar diante da cidadanía e da clase política a dramática situación dos sen teiro da cidade.
Froito desta loita, con diversidade de actos (concentracións, xornadas de traballo, durmidas na rúa, etc.), os políticos da cidade e da Xunta comprometéronse a que Vigo contase cun albergue público para os sen teito no ano 2008. O ano remata en menos de 20 días e o único que sabemos é que: o albergue non está en funcionamento e que so se vislumbran retrasos . Podedes ler a nova sobre o posible troco de ubicación que publica hoxe o Faro de Vigo.
Ás palabras pronunciadas polo alcalde da cidade nas que solicita o troco da ubicación do albergue responde o Vicepresidente da Xunta.