1º Domingo de Advento

"Vixiade, estade en vela!"

Lectura do libro do profeta Isaías 63, 16b-17. 19b; 64, 2b-7

Ti, Señor, es o noso pai, o teu nome de sempre é O noso redentor. Señor, por que nos extravías dos teus camiños e endureces o noso corazón apartándose do teu respecto? Cambia de actitude por amor dos teus servos, por amor das tribus da túa herdanza! ¡Oxalá rasgases o ceo e baixases, derritiendo os montes coa túa presenza! Baixaches, e os montes se derritieron coa túa presenza. Xamais oído oíu nin ollo viu un Deus, fóra de ti, que fixese tanto polo que espera en el. Sales ao encontro do que practica a xustiza e se acorda dos teus camiños. Estabas airado, e nós fracasamos: aparta as nosas culpas, e seremos salvos. Todos eramos impuros, a nosa xustiza era un pano manchado; todos nós murchamos como unha folla,as nosas culpas arrebatábannos como o vento. Non había quen invocase o teu nome, quen espertase para acollerse a ti, porque ti escondíchenos a túa cara e alargáchenos co lote das nosas culpas. E, con todo, Señor, ti es o noso pai, nós o barro e ti o oleiro: somos todos obra da túa man.

Lectura da 1ª carta do Apóstolo San paulo ós Corintios 1,3-9

Irmáns: A vós gracia e paz de parte de Deus noso Pai, e do Señor Xesucristo.

Non paro de lle dar graczas a Deus por vós, pola gracia de Deus que vos foi dada en Cristo Xesús. Porque nel fostes enriquecidos en todo, en toda palabra e en todo coñecemento: é tan solidamente se confirmou entre vós o testemuño en favor de Cristo. De xeito que non carecedes de ningún don, mentres agradecedes a revelación do Noso Señor Xesús Cristo. El é quen vos manterá firmes deica o fin, para que sexades irrepensibles no día do Noso Señor Xesús Cristo. Deus é fiel e foi el quen vos chamou á comunidade do seu Fillo Xesús Cristo, noso Señor.

Lectura do Santo Evanxeo segundo Marcos 13, 33-37

Naquel tempo, díxolles Xesús ós seus discípulos:

Estade logo á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento.

É coma un home que foi ao estranxeiro, deixando a casa e maila facenda nas mans dos seus criados, encargándolles a cada un o que tiña que facer; e ao porteiro ordenoulle que velase.

Vixiade vós, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa: se á tardiña ou con noite pechada, se co canto do galo ou no amencer. Non vaisa ser que chegue de repente, e vos atope durmindo. E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!