Acto reivindicativo do Foro Social Galicia Sur

Onte o Foro Social Galicia Sur -formado por ONG´s de Vigo- convocaba diante do Marco (rúa do Príncipe) un acto para denunciar a pobreza, centrando a reclamación nun aumento do orzamento municipal para axuda ao desenvolvemento. O acto que consistía nunha representación dun pleno municipal tivo que ser suspendido pola policía alegando motivos burocráticos.

A pesar deste contratempo o acto non se suspenderá e se realizará o xoves 26 de xuño ás 18.30 diante do Marco. Aquí tedes a nova aparecida no xornal 20 minutos.

{mosimage}