Comer é un dereito!

Avaaz entregará ao Secretario Genereal da ONU este mércores en Roma, e quere xuntar 1 millón de sinaturas para reclamar que se tomen medidas potentes que paren a actual crise alimentaria.

Asina na web de Avaaz.

Líderes políticos de todo o Mundo están reunidos en Roma baixo auspicios da ONU para tratar de atopar unha solución á crise alimentaria. Necesitamos asegurar que tomen medidas duradeiras non so reformas superficiais que perpetúen o actual sistema inxusto de intercambio e produción de alimentos. Ban Ki Moon, o Secretario Xeneral da ONU, aceptará a nosa petición persoalmente este mércores e queremos chegar a un millón de sinaturas antes diso.

Únete a nosoutros e a Zainab Bangura, Ministra de Asuntos Exteriores de Serra Leona pedindo aos líderes do Mundo que actúen hoxe mesmo e confronten a crise mundial de alimentos. Asina a petición e mira o video.