Campamentos «Vilán 2008»

Nesta semana abriuse o prazo de inscrición dos "Campamentos Vilán 2008" para aqueles rapaces e rapazas que participan nas distintas etapas da educación na Fe, dende os que fixeron a comuñón este ano ata os que están preto de sen confirmar. Na sección de "Descargas" podedes atopar o folleto coa ficha de inscrición aos campamentos. As datas dos campamentos son:

Nenos e nenas de 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria e 1º da ESO irán do 2 ao 11 de xullo.

Adolescentes de 2º, 3º, 4º da ESO e Bacharelato irán do 11 ao 20 de xullo.

O venres 6 de xuño, ás 20.30 faremos unha reunión de presentación e información dos campamentos. Asiste a ela se estás pensando enviar aos teus fillos. Mesmo se xa teñen ido te esperamos para que poidas aportar aos demais a túa experiencia.

As saídas serán ás 16.30 e os regresos sobre as 19.00 h.

O prazo de inscrición remata o 20 de xuño e os campamentos teñen un prezo de 65 €.