Contra o desaloxo das persoas sen teito na nosa cidade

O Grupo Imán, o programa Sereos e a nosa Parroquia veñen de emitir un comunicado no que se pon en coñecemento da cidadanía a situación que se está a producir polo desaloxo forzoso das choupanas que albergan as persoas sen teito no Casco Vello e outras zonas da cidade.

Estes desaloxos, se ben son legais, parecen ignorar a dimensión moral e a obriga humanitaria das administracións públicas.

{mosimage}

Podedes ler a nova aparecida no Faro de Vigo e o comunicado enviado aos medios de comunicación:

O grupo de autoapoyo VIH/Sida e adiccións “Imán” da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello, o programa de saúde e convivencia “Sereos Casco Vello” e a comunidade parroquial “Cristo da Vitoria” de Coia, queremos facer público que nos últimos días veñen facendo desaloxos de choupanas a persoas sen teito no Casco Vello e outras zonas da cidade, alegando protexer a seguridade das desaloxadas, sen ofrecer alternativas de realoxamento.

Non sendo a nosa cidade especialmente conflitiva nestes aspectos, pedimos publicamente que non se siga coas políticas de desaloxos sen realoxamentos, cumpríndose así os compromisos adquiridos coa institución municipal.

Nestes momentos hai persoas reacollidas grazas á solidariedade privada que pagan os realoxamentos, mostrándose como moi gratificantes.

Este fin de semana na rúa Real foron desaloxadas en plena noite varias persoas e aínda que legalmente está xustificado, desde o punto de vista humanitario, pedimos o seu inmediato realoxamento.

Vigo, 1 de marzo de 2008