Xornadas inmigración: retos da inmigración

O xoves contamos coa participación de Emilio Gómez Ciriano, profesor na facultade de Traballo Social da Universidade de Castilla-La Mancha en Cuenca, experto en temas de inmigración e autor do libro titulado “Inmigrante y ciudadano: hacia una nueva cultura de la acogida”.

A súa exposición respondeu á pregunta: qué retos presenta para nos a inmigración?

Pois varios retos…

O primeiro mirar con profundidade a situación. A nosa sociedade neoliberal impídenos mirar con profundidade a vida. Vivimos con presa e non podemos pensar. E quedámonos con datos, dos medios de comunicación, sobre a inmigración moi simples e a veces deformados ou controvertidos que xeran medo, rexeitamento e xenofobia. Datos que fannos ver tamén a problemática da inmigración e non a súa riqueza.

O que temos que facer son varias cousas:

– Ante a realidade da inmigración, recuperar a memoria histórica: tamén nos fomos inmigrantes sen papeis en Europa, América, Australia… Se miramos os xornais da época vemos os mesmos problemas e tamén peticións de xustiza e integración das organizacións políticas e humanitarias.

– Tanto hai anos como agora a inmigración ten as mesmas causas: unha desigualdade grande entre uns países e outros a causa da inxusta explotación dos recursos que obrigan a xente a emigrar.

– Os países receptores somos responsables do empobrecemento dos países emisores, e polo tanto responsables de acollelos e axudarlles a acadar un futuro mellor. Temos que procurar a integración, e non como cidadáns de terceira e sen dereitos, senón integración coma nos con todos os dereitos. Todos os seres humanos estamos intimamente conectados neste mundo globalizado e somos responsables uns dos outros.

– Temos que superar o medo que nos infunden os medios de comunicación ante os inmigrantes e que nos impulsa a vivir á defensiva, creando moitas veces un urbanismo que nos separa máis que achegarnos. O reto e que eles podan vivir entre nos, e como un de nos: estudar nos mesmos centros, acudir aos mesmos hospitais, participar nos mesmos movementos veciñais, mercar nos mesmos mercados, facer as súas festas e convidarnos, participar nas nosas…

– Temos que ver neles unha riqueza mais que un perigo. Vivimos unha sociedade que trata de borrar identidades ou personalidades. Unha sociedade que quere uniformarnos a todos en torno a uns criterios que no fondo so queren que consumamos; criterios de ter e non de ser e compartir.

O gran reto hoxe, resumindo, é a integración plena, con todos os seus deberes e dereitos, sen perder a nosa identidade pero tamén respectando e integrando a súa. So deste xeito lograremos unha sociedade pacificada, multiétnica e multicultural. So así valoraremos tamén as nosas identidades a piques de perderse nesta sociedade globalizada a ameazada de uniformidade pola cultura neoliberal.