Xornadas inmigración: mesa redonda con servizos que traballan con inmigrantes

Se o día anterior estivo adicado a coñecer a realidade da inmigración co desexo de facernos cargo do seu contido de sufrimento e inxustiza, a xornada do día 7 foi para descubrir como hai organizacións que intentan cambiar esa realidade.

{mosimage}

A primeira intervención foi de Miguel Fernánde Blanco, portavoz do Foro Galego de Inmigración, organización que agrupa a unhas sesenta asociacións de inmigrantes de Galiza. O Foro, explicou Miguel, traballa en moitos frentes. O fronte político: os membros do Consello Galego de Inmigración da Xunta de Galiza pertencen ó Foro. Dende o fronte político se intenta mellorar a lexislación tanto a nivel nacional como autonómico o municipal. Outro fronte é o educativo, en valores de integración, tanto en nenos e xovenes como na universidade. E outros frontes: documentación, orientación, formación e procura de emprego.

A segunda intervención foi de Silvia Pérez Freire, Socióloga, Coordinadora de prostitución de Alecrín e profesora asociada da Universidade de Vigo. Presentou a situación das mulleres inmigrantes que están na prostitución: mulleres de 20 a 26 anos, estranxeiras, con tres fillos, que o fan por necesidade e dun xeito temporal, que viñeron enganadas. Vítimas de trata, na súa maioría. Vítimas tamén de enfermidades, violencia e embarazos non desexados. Alecrín achegase a elas a través do Centro de Día e da Unidade Móbil que visita barrios e centros de alterne.

Tamén ten pisos de acollida para as mulleres que necesitan algunha atención especial. Tratan de axudarlles no tema da saúde. E tamén na procura doutro traballo e do arranxo de papeis. Están en contra da legalización da prostitución porque va en contra da dignidade da muller e favorece os empresarios mafiosos.

A terceira intervención foi de Marga Vázquez, voluntaria de Caritas de Tui-Vigo no area de inmigración. Falou en primeiro lugar dos principios nos que se basa a acción de Caritas. Un deles é considerar a inmigración como un dereito. Vivimos un mundo con grandes desigualdades que obrigan á xente a optar por este camiño a ós pobos mais desenvolvemos á súa acollida e integración. Pero non como cidadáns de terceira senón como persoas con plenos dereitos: vivenda, traballo, saúde, ensino, papeis, participación… A sociedade ten que cambiar de valores e aceptar a cegada destas persoas e descubrir ás súas riquezas intelectuais, culturais e de traballo. A segunda parte da súa exposición foi para falar do traballo concreto de Caritas en tres áreas: atención, orientación e información. En Vigo puxeron en marcha as PUPAI (puntos de atención, orientación e información). Son tres, en diferentes zonas da cidade. Caritas pon a disposición dos inmigrantes: casas de acollida, clases de lingua, apoio escolar, apoio sicológico e legal, e orientación laboral…