Reconquista de Toralla ´07

O colectivo "Xogo Descuberto" convídanos o sábado 8 de setembro ás 18:00 á I Reconquista da illa de Toralla, coa que se  pretende reinvidincar o uso da illa por parte de tod@s e manifestar a repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre.

Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, haberá música e se irá con vestimenta pirata para facelo máis visibel.

Convidados estamos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…

 {mosimage}