Achegamos o chamamento da PAH Vigo Tui-Baixomiño para asistires nun acto na sede central de Novagalicia Bancos o vindeiro mércores 16 de outubro ás 12h00 ante a gravidade dos feitos que sufriu un dos seus portavoces: Gonzalo.
Diante da gravidade dos feitos onde un compañeiro noso, un dos portavoces da PAH de Pontevedra ,que atentou contra a súa propia vida empuxado por una practica bancaria inhumana e criminal.
A PAH esta coordinándose con forzas políticas, Asociacións cidadás, Sindicatos…. para dar conta, para dar unha resposta contundente a estes feitos.
Esperamos de vos o máximo apoio esperamos dos que sempre ou moitas veces estivestes connosco , que redobredes os vosos esforzos.
Non se pode escudar na retórica. Agora e o momento da dar o paso a adiante e apoiar a un movemento cidadán que conta coa simpatía de amplos sectores da sociedade civil
MOBILIZACIÓN: mércores 16 de Outubro a las 12:00 horas diante da central de NCG Banco no cruce dos 4 bancos en Vigo.
Comunicado:
Onde está o limite do sufrimento? Onde o limite da depredación e avaricia da banca?
Estes dias o portavoz da PAH de Pontevedra, o noso compañeiro e amigo Gonzalo atentou contra a súa propia vida. Non pode soportar o sufrimento, anguria,desesperación e rabia polo que está a acontecer e padecer afectado pola rapiña e insensibilidade do sistema bancario e nomeadamente Nova Galicia Banco. Soamente a valentía da súa compañeira Mirta salvouno dunha morte segura.
Podemos ficar impasíbeis diante desta traxedia e a de centos de afectados familias, desafiuzados/as e mortos/as?
NON. Non imos ficar noqueados polo que está a acontecer. Rebelámosnos. Onte,hoxe e sempre ate que a cidadanía masivamente diga BASTA e force a banca e aos gobernos a cambiar, por unha banda, a súa actitude e a lexislación pola outra.
É polo que seguindo coas nosas mobilización convocamos a toda a cidadanía,colectivos,formacións políticas,sindicais e veciñais a unha Concentración de repulsa e protesta o vindeiro mercores dia 16 as 12 da mañán diante da sede central de Nova Galicia Banco na rúa Policarpo Sanz de Vigo.
Temos que lles facer ver que SI SE PODE
Vigo, 14 de Outubro de 2013