22 e 23 de xuño: limpeza e arranxo de Vilán

O 28 de xuño comenzan os campamentos de Vilán 2013 e compre deixar todo preparado. Por iso esta fin de semana (sábado 22 e domingo 23) a comunidade está convocada para facer a limpeza e os arranxos necesarios para que os cativos disfruten nos campamentos.

O sábado a partires das 10h00 sairá xente para Vilán, hai moitos traballos: limpar, pintar, colocar as fundas dos colchóns, ordenar… así que cantas máis persoas vaiamos mellor.

Vémonos!