O pasado domingo os grupos de preadolescentes e adolescentes da nosa comunidade contaron cunha visita moi especial. David Reboredo acompañado polo seu pais e por dous dos seus irmáns acudiu ao convite que lle fixemos dende os grupos de educación na fe dos domingos.
Foi unha mañá moi especial e os que tivemos a sorte de vivila a disfrutamos por moitas razóns: a claridade coa que David nos presentou as súas vivencias, pola atención coa que os rapaces e rapazas seguiron o seu relato, polo cariño e apoio que lle transmitía a súa familia a David…
David contou como viviu a loita polo seu indulto, os problemas da vida na cadea, o sufrimento que lle provocou a el e aos cercanos o seu contacto co mundo das drogas… Este relato foi completado polas palabras da súa familia, e tamén polas intervencións dalgún rapaz.
Para rematar a mañá tomamos un pequeno aperitivo.