Letras Galegas 2013

Achegamos a programación de Dorna, Rueiro e o Movemento cidadán para festexar o Día das Letras Galegas 2013 que este ano está dedicado a Roberto Vidal Bolaño:

– TEATRO: «Visión dun cego» (Grupo Atlántida de Matamá) 11 de Maio ás 8,30 da tarde no Salón de Actos do Complexo Parroquial Cristo da Victoria de Coia.

– CONCERTO CORAL: Coral Polifónica Santa Clara de Lavadores. Domingo 12 de Abril ás 7,30 da tarde na Igexa do Cristo da Victoria de Coia.

– CHARLA: «Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño». Martes 14 de Maio ás 8 da tarde no salón de Actos da Parroquia do Cristo da Victoria de Coia.

– NOITE DAS LETRAS GALEGAS: Musica, poesía, contos…Xoves 16 de Maio ás 10 da Noite no Salón de Actos da Parroquia do Cristo da Victoria de Coia

– VIDA E OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Un comentario

  1. pasouseme e supoño que xa é tarde dabondo, de todas as maneiras mándovolo (penso ir…)

    Consumismo si, consumismo non

    Temos que ser uns grandes consumistas da vida, da risa, da amizade, da sinceridade, das ilusións, de compartir; cos que queremos moito e cos que queremos menos, o pouco ou moito que teñamos. Non nunhas datas determinadas, senón durante todo o ano e durante toda a nosa vida.
    Consumir porque o di a TV, porque se leva, por aparentar máis ca os demais. Ser como o avaro que conta as moedas que nin tan sequera a el fan feliz, crer que o tempo é só noso, que ninguén ten dereito a gozar del.
    Ese consumismo non. Nin sequera serve de nada. Non por iso imos ser máis felices, todo o contrario. Non é máis feliz o que máis ten, senón o que máis comparte. Non por caridade, nin para ser máis bos ca os demais senón simplemente por sermos máis felices.
    Esquezamos, aínda que só sexa por un momento, os cartos, os coches, os agasallos (que ás veces se dan esperando algo a cambio).
    Pensemos un anaquiño o felices que seriamos se unha anciá recibise unha aperta nosa, se un neno sorrise porque xogamos un pouco con el, se en vez de cambiar o móbil mercásemos algo para calquera persoa que non ten case nada.
    Sexamos felices coa felicidade dos que nos rodean; primeiro os que están máis preto de nós, despois quizais os que están un pouco máis lonxe, neste noso fogar, de todos, que é a Terra.

    Publicado no Internet no ano 2012
    Vosa Carmen R. G.

    Letras Galegas do 2013 para toda a nosa Comunidade

Los comentarios están cerrados.