O IES ALEXANDRE BÓVEDA, en colaboración co Concello de Vigo ten o pracer de presentar á comunidade educativa e á veciñanza o ROTEIRO POLO BARRIO DE COIA, traballo desenvolvido por un grupo de profesores e profesoras deste centro no que, a través dunha ruta guiada polo barrio de Coia de 12 paradas, pode seguirse e estudarse a toponimia e a evolución histórica do barrio, dende a Antigüidade ata a creación e consolidación do polígono de vivendas.
O Concello de Vigo ven de colocar unha placa do Roteiro en cada unha das paradas propostas. Nesta placa podemos atopar o nome da parada e un código QR que axiliza a consulta da información nun móbil ou nunha tableta.
Queremos aproveitar a inauguración das placas para invitarlos a participar nos actos que temos previstos:
O martes 7 de maio as 19.30 h. no salón de actos do IES Alexandre Bóveda o arqueólogo Eduardo Rguez. impartirá a charla “As lembranzas soterradas. Unha lectura arqueolóxica da Coia histórica” baseada na súa obra publicada polo Instituto de Estudos Vigueses.
O mércores 8 de maio as 17 h. o profesorado fará a visita guiada do roteiro con saída do IES Alexandre B. e cunha duración de dúas horas aproximadamente.
Así mesmo animamos a calquera persoa a comunicarse co grupo de profesores e profesoras escribindo a [email protected] para aportar o seu propio material. Pola nosa parte este é un traballo aberto, no que aínda continuamos a traballar e reelaborar os seus contidos e materiais didácticos asociados.
Todo este traballo está recollido na wiki roteiroporcoia.wikispaces.com
I’d incessantly want to be update on new content on this website , saved to fav! .