Presentacións do Roteiro por Coia

O IES ALEXANDRE BÓVEDA, en colaboración co Concello de Vigo ten o pracer de presentar á comunidade educativa e á veciñanza o ROTEIRO POLO BARRIO DE COIA, traballo desenvolvido por un grupo de profesores e profesoras deste centro no que, a través dunha ruta guiada polo barrio de Coia de 12 paradas, pode seguirse e estudarse a toponimia e a evolución histórica do barrio, dende a Antigüidade ata a creación e consolidación do polígono de vivendas.

O Concello de Vigo ven de colocar unha placa do Roteiro en cada unha das paradas propostas. Nesta placa podemos atopar o nome da parada e un código QR que axiliza a consulta da información nun móbil ou nunha tableta.

Queremos aproveitar a inauguración das placas para invitarlos a participar nos actos que temos previstos:

O martes 7 de maio as 19.30 h. no salón de actos do IES Alexandre Bóveda o arqueólogo Eduardo Rguez. impartirá a charla “As lembranzas soterradas. Unha lectura arqueolóxica da Coia histórica” baseada na súa obra publicada polo Instituto de Estudos Vigueses.

O mércores 8 de maio as 17 h. o profesorado fará a visita guiada do roteiro con saída do IES Alexandre B. e cunha duración de dúas horas aproximadamente.

Así mesmo animamos a calquera persoa a comunicarse co grupo de profesores e profesoras escribindo a tecnocoia@gmail.com  para  aportar o seu propio material.
Pola nosa parte este é un traballo aberto, no que aínda continuamos a traballar e reelaborar os seus contidos e materiais didácticos asociados.

Todo este traballo está recollido na wiki roteiroporcoia.wikispaces.com

Un comentario

Los comentarios están cerrados.