27/01: Manifestación «Pola lingua que nos une»

Case que todos os sectores están a sufrir recortes, e os cartos destinados ao fomento do galego non son alleos á forza das tesoiras. Por esta razón a plataforma Queremos Galego! convoca unha manifestación o vindeiro domingo 27 en Santiago de Compostela, co lema: “Pola lingua que nos une“.

A manifestación dará saída ás 12 horas, dende a Alameda. Dende Vigo e outras localidades haberá autobuses. Toda a información sobre este acto a podedes consultar en: www.queremosgalego.org