Dende o IMÁN fannos chegar esta nota de prensa:
O Programa de Autoayuda IMÁN-CEDRO desexamos informar que o vindeiro luns día 10 de Decembro (Día Internacional dos Dereitos Humanos) imos desenrolar ás 19.30 h. da tarde nas escalinatas do MUSEO MARCO na Rua do Príncipe desta cidade, un acto de rexeitamento ante a denegación dos indultos solicitados por un compañeiro do grupo que reúne as condicións obxectivas de xustiza e equidade que deben presidir as concesións dos indultos.
No acto taparemos os ollos con pañoletas ou panos, simulando a venda ca que se representa a imaxe da Xustiza, como símbolo de obxectividade, neutralidade e imparcialidade. Polo que pedimos ós participantes que se acheguen con algún pano que permita simbolizar a proposta que facemos.