Exitosas charlas de Advento con Fernando Vidal

O Advento é tempo de Espera, un período da vida cristiá que recolle as Esperanzas do Mundo. Diso precisamente falou o sociólogo vigués Fernando Vidal durante as dúas xornadas (venres 30 de novembro e sábado 1 de decembro) nas que transcurriron as charlas de Advento que cada ano organiza a Parroquia do Cristo da Victoria.

A Esperanza, con maiúsculas, a reconciliación cos máis pobres, completado dun relato das súas principais experiencias entre colectivos de extrema pobreza, foron os principais argumentos das súas conferencias, títuladas “A promesa do Magnificat: a reconciliación cós pobres”.

En definitiva, de como traballar, de como alzar a voz para transformar este mundo nun lugar máis xusto dende a perspectiva dos que menos teñen. Félix, o home de Atocha; a historia de Armando, o heroinómano; ou a súa experiencia no barrio marxinal máis grande de Africa, o Slum Kibera de Nairobi, onde malviven un millón de persoas, foron algunhas das experiencias que relatou acompañando a súa reflexión nestas dúas charlas.

Destacou o proxecto realizado en Madrid, “Fábrica de Canciones”, que xorde como un taller de Rafa Sánchez, Fundación Rais y Obra Social Caja Madrid, como unha novedosa aposta pola música como ferramenta de loita contra e exclusión social, onde un grupo de persoas sen fogar participaron, reuníndose cada luns durante dous anos, compartido historias da súa vida. Froito dese traballo é o disco “Ni genios ni artistas”, presentado o pasado mes en Madrid.

Podes escoitar os audios das charlas -en non moi boa calidade- nestes enlaces ou se queredes descargalos para escoitalos na casa, no coche…

Sobre Fernando Vidal

Fernando Vidal naceu en Vigo hai 45 anos. Tras o seu paso académico polo colexio dos Xesuitas, estudou Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid e actualmente é profesor de Socioloxía da Universidade Pontificia de Comillas en Madrid e presidente de la Fundación RAIS (Red de Apoio a la Integración Sociolaboral), que loita en diversos ámbitos contra la exclusión extrema, especialmente con inmigrante e xente sen fogar. Ademáis é director do Instituto da Familia de Comillas.

Dende estas plataformas, e dende outras nas que participa, escribiu multitude de artigos e informes sobre temas relacionados coa xustiza e o traballo social, sendo un referente nacional nestes ámbitos. Colaborou coas súas aportacións neste sentido con gobernos como o español, autonómicos e con concellos, fundacións, todo tipo de revistas especializada e tamén en universidades de varios países.