Este sábado a comunidade xuntouse para celebrar a asemblea xeral. Como dende hai anos aproveitamos para repasar o traballo e retos deste curso que remata á vez que propuxemos novos camiños para o curso vindeiro.
O traballo estivo repartido na mañá e nun rato da tarde. Fomos traballando por bloques sempre coa mesma estrutura: repasar o traballo feito e as novas propostas marcadas na asemblea de hai un ano e despois apuntando novos aspectos nos que traballar ou nos que afondar.
Pois nada lembramos que este fin de semana que ven quedamos en Vilán para deixar todo listo para os campamentos.