Cadea humana para reclamar o centro cultural

Este domingo 15 de febreiro a veciñanza de Coia saíu á rúa, disfrutando ademais do bo tempo, para pedir "Menos palabras e máis feitos, ao Centro Cultural temos dereito". Movemento Cidadán "O Noso Barrio" convocara unha cadea humana ata o parque de A Bouza onde reclamar a construción inmediata do Centro Cultural.

Este era o primeiro acto convocado ata que non se comece a construción e ao que seguirá unha concentración na praza do Cristo da Victoria o 26 de febreiro.