Neste domingo 30 de abril remata o XIII congreso de Xustiza e Paz celebrado por segunda vez na nosa comunidade. Foron tres días de reflexión, debate, festa, participación, coñecemento… e moitas máis palabras chegadas dende moitos territorios.
O sábado poidemos escoitar ao teólogo Martín Gelabert falando do feito relixioso nunha sociedade laica e a Bernardo Cuesta compañeiro dominico de Babilafuente. Pola tarde Geraldina falou da teoloxía ecofeminista nunha sociedade patriarcal que agrede á natureza. Houbo tamén un bonito diálogo entre un agnóstico, Víctor Freixanes, e o sacerdote de Vallecas, Xulio Lois.
Comezamos o domingo coa charla de José Mª Vigil titulada "Novos pasos para a teoloxía da Liberación: a teoloxía pluralista e a post-relixional". Dunha forma moi clara José María explicou que os paradigmas trocaron, polo que a teoloxía da Liberación adquire sentido no camiño cara o pluralismo con outras formas de entender o feito relixioso.
Logo disto pechamos o congreso coa celebración, espazo que reflicitu o espíritu vivido nestes tres días. Podedes ver algunhas imaxes do congreso na web do Colectivo Verapaz e ler a nova publicada sobre o congreso no diario Que.
I do love the way you have framed this specific issue plus it does indeed provide us some fodder for consideration. However, because of everything that I have witnessed, I just simply hope when the commentary pile on that people continue to be on issue and in no way get started on a tirade regarding some other news of the day. Yet, thank you for this outstanding piece and whilst I do not really go along with this in totality, I value your viewpoint.