Resposta á carta publicada sobre o XIII Congreso de Xustiza e Paz

En resposta á carta asinada por Don Ramón Portela Alonso, Arcipreste de Coia-Polígono, publicada o 28 de marzo no Faro de Vigo.

Benquerido irmán en Xesús:

Entendemos que non participe de moitas das opinións que compartimos cristiáns de toda España asistentes a este Congreso do Colectivo Verapaz “Cristiáns, entre crise e esperanza”. Pero saiba que xusto antes de ler a súa carta pública escoitamos de boca dun dos ponentes as seguintes palabras: “Antes de poner a la Iglesia en entredicho pensad que siempre es más lo que nos une que lo que nos separa”. É por iso que nos sorprende o seu tono, nun momento no que pensamos que máis que condenas públicas da diversidade que nos enriquece como Igrexa precisamos facer exercicios dun diálogo aberto e integrador. Permítasenos humildemente citar a San Agustín cando reclama “no esencial unidade, na dúbida liberdade, e en todo caridade”.

Non tema por nós: non andamos perdidos. Temos claro que andamos na procura da fidelidade á mensaxe de Xesús, aínda que o noso non sexa o camiño que vostede elixiría para sí mesmo. Nesta era xa sabemos que non todos os camiños levan a Roma, … pero moitos si.

Atentamente

Vigo, 29 de marzo de 2008

A carta apareceu publicada no Faro de Vigo.

Un comentario

  1. I would like to thnkx for the efforts you have put in writing this blog. I am hoping the same high-grade blog post from you in the upcoming as well. In fact your creative writing abilities has inspired me to get my own blog now. Really the blogging is spreading its wings quickly. Your write up is a good example of it.

Los comentarios están cerrados.