IMÁN despide a Antonio e presenta a campaña

O grupo IMÁN xuntouse onte pola mañá na Praza da Constitución para recordar a Antonio, compañeiro de Sereos, que finou nom hospital.

Ademais o acto serviu para presentar a campaña “Estás no Casco Vello, Estou no Casco Vello”.

Deixamos o manifesto do acto para que lle botedes unha ollada.

{mosimage}

Benqueridas amigas e amigos:

Xuntámonos hoxe aquí, nesta Praza, que cada ano obsérvase está mais fermosa, que é un espazo de encontro axeitado para lembrar o pasamento do compañeiro Antonio, home de algo mais de 60 anos ao que coñecíamos noutro importante espazo de encontro de “Café-Calor”, “Bocateo”, “Reducción de danos”, en definitiva, de “Saúde e convivencia”, “Sereos Casco Vello”.

Este compañeiro finou nun hospital, pero antes era unha persoa sen teito.
Sabemos que unha das enfermidades importante de sectores da poboación empobrecidos é vivir sen teito.

A organización mundial da saúde define a saúde como un estado de completo de benestar físico, mental e social, e non soamente, a ausencia de enfermidades.

O dereito a vivenda está recollido na declaración dos dereitos humanos, na constitución española e na carta social europea.

Alguén dixo “de que sirve ter o vento a favor senón se sabe onde se quere ir?”, nós sabemos que temos que temos o vento a favor porque creemos nos compromisos do alcalde da cidade e a concelleira de benestar social de que como moi tarde no último trimestre deste ano porase a andar un centro de emerxencia social, albergue, de 40 a 50 camas.

Mentres tanto estase a xestionar a posibilidade de facer realoxo das persoas sen teito mais vulnerables e enfermas, por iso estamos a soprar con forza sobre as velas da solidariedade para que o barco se desprace o mais axiña posible porque no seu interior leva a seres humanos.

Nunha chamada telefónica dun compañeiro dende un hospital dicíanos: “non seguir buscándome un teito para cando me dean a alta porque tiven a sorte de que me apareceu outra posible enfermidade e vou seguir, de momento, ingresado” .

O pasamento de Antonio, como os anteriores finados, déixannos unha herdanza que é o convencemento de que o programa “Sereos” somos un colectivo veciñal do Casco Vello de Vigo e por ser este un barrio acolledor poñemos en marcha no día de hoxe o Programa “Estás no Casco Vello, Estou no Casco Vello”, do que achegamos copia.

Antonio, grazas polo que nos acompañaches en vida. Vaia por ti este minuto de silencio.

Vigo, 12 de febreiro de 2008