Hoxe, 30 de Xuño compartimos co grupo Imán un agradable acto co galo da semana lésbica-gay-transexual-bisexual.
Xuntámonos na Praza do Rei para sensibilizar do problema da transmisión sexual do VIH neste colectivo e pedimos, con moito respeto, a modificación das mensaxes que dende a Xerarquía da Igrexa Católica se fai sobre a homosexualidade e o uso do preservativo.
Non desaproveitamos a ocasión para gozar das cancións do compañeiro Marcos, as cales construíron un gran marco para poder recordar ós compañeiros Chelo e Jorge que nesta pasada semana nos deixaron de forma inesperada.
E como a ocasión o merecía aproveitamos para incidir na necesidade do inicio inmediato das obras do “Centro Polivalente de Acollemento para persoas sen fogar” e da permanencia da “Casa de acollida para enfermos de SIDA” que está a piques de pechar por falta de recursos económicos.
Be sure to preserve your life force, chi. This practice is absolutely essential. Be sure to respect the power of words. Don’t engage in vulgar language or activity.