Os “indignados” conversan connosco

Un grupo variado e abundante de veciños tivemos un encontro no salón de actos da parroquia cun grupo de persoas pertencentes o movemento 15M.

Estes compañeiros explicáronnos como empezou este movemento, os motivos que o impulsaron e, quizais o máis importante, os diferentes puntos económicos, socias, lexislativos… sobre os que están traballando e para os cales piden a nosa colaboración.

Trala exposición abriuse un turno de palabras na que tanto maiores como xóvenes amosamos a nosa desilusión coa actual situación e o noso apoio a este movemento e as súas ganas por cambiar as cousas.

Dende o movemento 15M insistiron que este é un proceso que o formamos todos, que o noso apoio (de calquera tipo) é importante e nos animan a que formemos no noso barrio un grupo de traballo.