Comezaron as xornadas ca proxección do audiovisual “Me muero de hambre” que presentaba a situación da fame no mundo, tanto no sur rico como nalgunhas parcelas do norte rico, nas súas diferentes caras: auga, alimentos, cultura, saúde, servizos… Fame que leva a moitos a emigrar e a veces morrer no intento. Que estamos a facer nós dos nosos irmáns? Que resposta dar? Xustiza e solidariedade é a resposta. Estas xornadas son un primeiro paso: coñecer a realidade.
E comezamos por escoitar aos inmigrantes.
{mosimage}
Falou en primeiro lugar Marujita, indíxena otovaliana ecuatoriana. Os ecuatorianos son o colectivo inmigrante latino máis numeroso en España. Viña ataviada co seu traxe típico. Fixo unha descrición detallada da súa traxectoria buscando mellorar a súa situación e a da súa familia. Dende nena traballando no servizo doméstico, na confección e na venta de artesanías, no traballo agrícola. Sen tempo e recursos para estudar Mais tarde en España, e concretamente en Vigo. O maior problema e ter que estar separada dos seus tres fillos, que quedaron alá. Todo o seu traballo e para eles, para que teñan casiña, alimentos e poidan estudar. A súa gran ilusión e que pronto poidan vir con ela. Está contenta da acollida en Vigo.
Paluko Savungo, da República Democrática do Congo (antigo Congo Belga e Zaire) falou en segundo lugar. Leva máis de trinta anos en España. Veu de neno á “Ciudad de los muchachos” a Ourense onde estivo algúns anos e dos que non garda moi boas impresións. Sufriu alí os primeiros desprezos por ser da cor “negra”. Despois chegou a Vigo e tardou tempo en atopar traballo tamén pola súa cor. Ata que atopou traballo en Alvarez e comezou a saír adiante. Casou e xa está arraigado eiquí, ten fillos e tamén netos. Pertence o colectivo AIDA que agrupa en Vigo aos inmigrantes africanos. Cando volve ó seu país recomenda os mozos que non salgan do país que intenten por todos os medios aprender oficios (mecánico, carpinteiro…) para desenvolver o país. Unha axuda que podía prestar Europa a estes países podía ser a formación profesional mais que a universitaria.
Mario, inmigrante rumano falou en terceiro lugar. Nos situou no mapa o seu lugar de inmigración dentro de Rumanía: Transilvania. Falou da situación de pobreza crecente do seu país. Ca entrada no Mercado Común Europeo subiron os prezos, que están mais ou menos como aquí pero o salario mínimo é case a terceira parte menor que en España (200 €). A vida foi difícil xa cando era neno. Pero agora aínda máis. Polo que optou pola inmigración. Primeiro a países mais cercanos de Europa e logo a España, a Vigo. Primeiro traballou sen papeis e mais tarde acadou a regularización. A medida que foi saíndo adiante poido traer á súa muller e ao seu fillo. Agora se atopa ben, aínda que hai anos estivo a piques de ser expulsado por non ter papeis. Non padece moita morriña da súa terra porque o lugar onde un atopa os medios para vivir para el é a súa casa.