Este ano celébrase a XXXII Romaxe de Crentes Galegos na localidade de Aguiño (Coruña), a data escollida é o sábado 12 de setembro. Lembramos que dende a parroquia sairá un bus ás 9.00 da maña, as inscricións para o mesmo faranse no despacho parroquial.
Que é a Romaxe?
– É unha romería que se celebra cada ano para vencellar festivamente fe e galeguidade.
– Leva máis de 30 anos de existencia e nela, unha vez cada ano e nun punto distinto da nosa xeografía, xuntámonos entre 4000 e 6000 persoas de toda Galicia.
– A nosa Romaxe sempre ten lugar o segundo sábado de setembro.
– A forza da gratuidade: nun tempo no que todo é mercadeo, tentamos facer forza na e da gratuidade: ninguén da organización cobra polo seu traballo, nin sequera aos membros do grupo A Quenlla -que sempre nos acompañan e amenizan a festa- se lles paga o desprazamento. Os gastos cúbrense mediante un peto -no que cadaquén mete o que considera oportuno-, a venda dun medallón conmemorativo de Sargadelos e máis algunha subvención.
– A nosa comunidade do Cristo da Victoria ten acudido sempre á Romaxe. A XI Romaxe celebrada no Monte Aloia foi preparada pola nosa comunidade, xunto con outras comunidades de Vigo, Porriño e Tui. Na Romaxe deste ano a nosa comunidade preparará a oración da tarde.
– Para mais información: www.asociacion-irimia.org