2ª Cadea humana ao redor da Gota de Leite

A Rede Social Galicia Sur convoca este xoves 21 de maio unha cadea humana ao redor da Gota de Leite para reclamar a súa apertura, ademais o mércores a partires das 20.00 comezará unha sentada con durmida incluida na porta do futuro albergue para o que contamos con tod@s.

Tras os reiterados incumprimentos dos prazos establecidos para a apertura do Centro de Inclusión Social e Albergue Público que a Xunta de Galicia ten proxectado ubicar no antigo Fogar San Paio – "Gota de Leite" na cidade de Vigo, a REDE SOCIAL GALICIA SUR convoca a cidadanía viguesa a participar na construcción da segunda CADEA HUMANA arredor deste emblemático edificio. Mediante a formación desta cadea humana coa que pretendemos "abrazar" novamente o edificio da Gota de Leite reinvidicaremos de forma simbólica o apoio da cidade a este proxecto así como a reclamación da urxente necesidade da súa apertura, sen máis dilacións. Este proxecto xa é unha realidade. As obras de adaptación do edificio xa están rematadas. Non podemos nin vamos a renunciar á prestación dun servizo esencial na cidade de Vigo e necesario para o conxunto da súa cidadanía. SÚMATE Á REIVINDICACIÓN DA SÚA APERTURA INMEDIATA. Súmate a celebración simbólica da súa inauguación que se celebrará xunto a CADEA HUMANA o vindeiro XOVES, 21 DE MAIO DE 2009, ás 20 HORAS no edificio do Fogar San Paio- "GOTA DE LEITE"  (Ronda Don Bosco, 1. Ao lado do Concello).

Ademáis, o mércores 20 de maio ás 20 horas iniciarase unha sentada de 24 horas que arrancará coa "durmida"  na porta do edificio e rematará coa Cadea Humana do xoves 21 ás 20 horas.

Se a vosa entidade, organización ou asociación desexa sumarse aos actos e apoialos públicamente remitide un correo electrónico a [email protected]

PÁSAO, IMPRÍMEO, COLÓCAO NO TEU LUGAR DE TRABALLO….É COUSA DE TODOS/AS

SOLUCIÓN XA PARA AS PERSONAS SEN FOGAR!