O pasado sábado, 7 de xuño, ao longo da mañá desenvolvemos, un ano máis, a nosa Asemblea Parroquial.
Como cada curso, avaliamos o traballo feito e as nosas forzas, e tentamos planificar e tomar decisións de cara ao vindeiro curso. Ademais rematamos cun xantar compartido para seguir facendo comunidade.
Foi unha asemblea valorada moi positivamente pola implicación das persoas participantes, pola complicidade, polo compromiso, pola alegría compartida, por sabérmonos afortunadas, afortunados, de formar parte deste proxecto común.
Unha aperta fraterna.
