Este xoves 14 de setembro, ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz, a Rede Social Galicia Sur convocou un novo Círculo de silencio, no que nos xuntamos ao redor de 25 persoas.
Desta vez sumámonos a reivindicación da chamada Dilixencia Debida para denunciar a inxustiza que viven as vítimas de abusos por parte das grandes corporacións multinacionais, e o silencio por parte dos políticos e as empresas á hora de previr e reparar as vulneracións sobre os dereitos humanos e o medioambiente.
Os días 15 e 16 de setembro reúnense en Santiago de Compostela ministros e ministras de finanzas europeos, latinoamericanos e do Caribe. Con tal motivo, pedimos que as ministras e ministros europeos presentes en Santiago escoiten á cidadanía e impulsen durante o cumio a aprobación definitiva da Directiva Europea sobre Dilixencia Debida das empresas en materia de sustentabilidade, para crear unha relación Norte-Sur máis horizontal, inclusiva, baseada en dereitos e que protexa ás persoas e ao planeta.
Adxuntamos o manifesto, o cartaz e algunhas imaxes.