O grupo “Imán” e os “Sereos do Casco Vello" convidannos á seguintes charla-coloquio de formación e información titulada: "Dereitos e deberes nas identificacións e detencións policiais no contorno das adiccións e a pobreza"
A charla será impartida pola avogada Esther Rodríguez Lora, será o xoves 29 de maio ás 10.30 hs no Centro Cívico do Casco Vello (rúa Oliva 12 baixo)
Ás 10.30 hs compartiremos almorzo antes de comezar, ademais na charla repartirase unha guía que pode ser de gran utilidade para coñecer os dereitos e obrigas do tema a tratar.