Domingo 5º de Coresma (3 de abril): Realicemos algo novo!
Cómpre sermos creativas, destemidas, orixinais, alegres no medio da treboada. Cómpre ser quen de cultivar verxeis no medio do deserto. Cómpre realizar algo novo, dende o coidado fraterno, dende o comunitario. Se temos sede e fame de xustiza, se seguimos os ronseis da barca que atopa vida alí onde todo parece ermo, deseguida escoitaremos a voz do mundo novo que agroma. Non o notades?
Así fala o Señor, que fixo un camiño polo mar e unha verea polas augas impetuosas, […].
¿Non vos lembrades das cousas pasadas? ¿Non comprendedes as cousas antigas?
Ollade: eu estou facendo algo novo; xa agroma: ¿non vos dades conta?
Isaías 43, 16-19