Un ano máis, pero un ano moi especial, polo falecemento de Dom Pedro Casaldáliga, a Axenda Latinoamericana volve a ofrecernos a súa compaña durante todo o próximo curso, da man dos Comités Óscar Romero.
O título, nestes tempos de incertidume, non podía ser máis acaído: «Retorno o no retorno. Es tarde, pero es nuestra hora…».
Agora que a persoa de Casaldáliga non pode aportar o seu impulso persoal para levar adiante este proxecto, un grupo de persoas amosan co seu compromiso que a semente de Dom Pedro deu froito e que seguimos a camiñar, alentados polo seu exemplo de vida, na procura dese outro mundo posible, necesario e urxente.
Como nos lembran dende a Axenda: «Es hora de elaborar una nueva praxis, plural pero unificadora. Y todas las contribuciones de esta nueva edición de nuestra Agenda apuntan en este sentido, sirven de necesario alimento para esa demanda de horizontes espirituales. Son propuestas para guiar nuestros pasos en un mundo que necesita una opción definitiva por la vida y la dignidad de la casa común.»
En Vigo, a Axenda pódese conseguir grazas ao Comité Óscar Romero de Vigo á saída da misa de 12:30, na parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona, 9), ou no 658370409 (tfno. ou wasap).