Rumores de Romaxe

Benquerida comunidade,

Hoxe á mañá un grupo de trinta persoas celebramos os Rumores de Romaxe, un anticipo da Romaxe 2021 feito doutra maneira.

Foi un fermoso  encontro celebrativo. Sumámonos así a eses Rumores de Romaxe espallados por toda Galicia grazas ao traballo en común de moitas persoas e comunidades.

A continuación adxuntamos algunhas imaxes da celebración, baixo a sombra agarimosa dos carballos da Bouza. Podedes achegarvos ao texto e aos materiais elaborados para esta ocasión neste enlace.

Unha aperta irimega.