Xa pasara un ano desde a última. A piques de dar entrada ao verán, coa vista posta no campamento dos máis pequenos, tocaba pór a punto a casa de Vilán. E alá fomos, xoves e maiores, dispostos a darlle un lavado de cara a nosa “segunda casa”.
Vasoira en man, acompañada de fregona, estropallo e canto utensilio nos servise, puxemos man sobre man durante toda a mañá do sábado. Carpintería, fontanería e albanelería non faltaron nunha xornada que deu para moito. Para reparar e limpar, pero tamén para compartir, para xerar ideas e para seguir creando comunidade.
Os esforzo foi intenso, e cumpría coller forzas para dar os últimos retoques pola tarde. Así que coa empanada dun, a tortilla da outra… cubrimos unha boa mesa da que demos bo recado entre todos.
Anécdotas, risas e algún que outro cotilleo nos acompañaron para despexar a cabeza antes do último esforzo.
O resultado; satisfactorio. O valorarán os rapaces no campamento. Nós saberemos vendo as súas risas nas fotos que algo temos contribuído nelas.