Uns 200 delegados de 92 organizacións orixinarias de 65 países participaron no terceiro Encontro Mundial de Movementos Populares. As súas discusións, a porta pechada, comezaron a tarde do 2 de novembro e terminaron o sábado 5 cunha audiencia papal. Terra, teito e traballo, as tres T, foron as palabras crave, que se sumaron a discusións sobre a casa común (medio ambiente), os migrantes e os refuxiados.