Miguel Ángel Mesa Bouzas naceu en 1959 en Madrid. Está casado e é pai dunha filla e un fillo. Traballa en Ediciones Paulinas desde hai 15 anos. A súa formación teolóxica, bíblica e pastoral é totalmente autodidacta, aínda que participou en numerosos cursos de formación e congresos. Forma parte dunha comunidade cristiá de base desde fai uns trinta anos. O seu compromiso solidario realizouno principalmente no «Comité de Solidariedade con África Negra» e na ONG «Proxecto Amencer». A nivel persoal, a súa gran paixón e o que máis escribiu é poesía. Compartimos esta dedicada a expoñer a súa experiencia de comunidade cristiá de base.