Non aos Tratados de Libre Comercio

A nosa comunidade parroquial, a través da Rede Social Galicia Sur, está a participar na organización dos actos de denuncia contra os acordos de libre comercio que negocia a Unión Europea con Canadá (CETA) e con Estados Unidos (TTIP), acordos que provocarían graves perxuízos ás economías locais e suporían perda de dereitos, máis pobreza e máis ataques ao medio ambiente.

As consecuencias destes acordos transnacionais -negociados co máximo secretismo- serán obxecto de información, reflexión e debate nas comunidades de base que conforman a parroquia do Cristo da Victoria. Ademais, unha pequena exposición sobre este tema estará no vestíbulo do salón de actos  para quen teña interese en coñecelo máis polo miúdo.

En Vigo, haberá unha manifestación o sábado 15 de outubro, ás 19:00 horas, que sairá de Vía Norte.