O pasado domingo 5 de Xuño celebramos a Convivencia de fin de curso da Catequese en Vilán. Catequistas, familias, nov@s, nenos e nenas reunímonos para pechar o curso da Catequese da Comunidade. Pasadas as 10 da mañá partiamos para Vilán nun bus e multitude de coches. Á chegada, logo de dar a benvida, dedicouse un tempo a visitar as instalacións. Despois un espazo de animación dirixido por Fátima e Rodolfo. Por certo Javi contou o corro e atopou máis de 200 persoas. Máis tarde xogos: pañuelito, paracaidas, pinturas, pinzas… Ata a 1,30 en que o corpo pedía enerxía. Xantar. Momentos de distensión na sobremesa. Ás 3,30 paseo para os pais e nais ao Caribe de Vilán -a Praia Fluvial- e obradoiros diversos e deportes para os mozos e mozas. Merenda e retorno coa conciencia de haber pasado tod@s un dia inesquecible de convivencia e natureza.