Preparando xa os Campamentos Parroquiais

Finalizada xa a catequesis de Iniciación e Comuñón, e a piques de finalizar a catequesis de Postcomunión e Preadolescentes, comezamos a preparar os campamentos de verán na casa que a nosa comunidade ten en Vilán (Fornelos de Montes). Este ano organízanse dous campamentos. O primeiro, de fin de semana, para os nenos e nenas que fixeron a súa Primeira Comuñón. Será do 1 ao 4 de Xullo. O segundo, máis longo, para nenos e nenas de postcomunión e preadolescentes entre o 4 e o 11 de xullo. Os xa confirmados terán tamén o seu campamento volante polo «camiño dos faros».

venres 3 de xuño, celebrouse xa unha xuntanza informativa para aquelas familias que desexan enviar aos seus fillos aos campamentos parroquiais.