Concentracion de apoio á resistencia de Oaxaca, Atenco e Chiapas

Este mércores 5 de maio ás 19h30 no Marco hai convocada unha concentración logo da escalada de violencia estes días en Oaxaca (México). Na rexión triqui foron asasinadas dúas pesoas: unha oaxaqueña, defensora de dereitos indíxenas e un finlandés, observador de dereitos humanos.

Oaxaca, Atenco e Chiapas :: Resistencias indíxenas golpeadas pola represión

Oaxaca e Chiapas son dous estados maioritariamente indixenas no sul da republica mexicana á beira do oceano pacifico e Atenco é unha poboacion proxima a cidade de mexico, estes son tres dos lugares das mellores propostas comunitarias deste pais e tamen as rexions mais golpeadas polos gobernos, os paramilitares, os narcos, as multinacionais mineiras, farmaceuticas e de falsas enerxias sustentables… Oaxaca e Chiapas SON duas das rexions mais ricas da republica e cos maiores indices de explotacion e pobreza…

:: Oaxaca

O pasado dia 27 de abril na rexion triqui do estado de Oaxaca unha caravana de varias camionetas que saiu da capital de oaxaca con defensores, observadores de dereitos humanos, medios libres de mexico e doutros paises que queria entrar nunha zona de conflicto foi balaceada polos paramilitares afins ao goberno do PRI do estado que tiñan sitiada a poboacion de copala que no 2007 se declarou municipio autonomo,o resultado foron dous mortos seis desaparecidos e acosados durante varios dias e varios feridos de bala, a oaxaqueña defensora de dereitos indixenas Bety Cariño foi asasinada igual que o observador de dereitos humanos Jyri Jaakkola de Finlandia, que se suman a outros dezasete asasinados desde novembro do 09 Durante estes dias producironse en mexico e noutros paises diversos actos de denuncia publica destes crimes e da impunidade dos culpables doutros asaninatos nos ultimos anos.

En xullo hai eleccions estatais e o ilexitimo e represor gobernador que fuxira da rexion na revolta pacifica do 2006 e que voltou ao poder con vintetantos asasinados, mais de douscentos presos  e un numero descoñecido de desaparecidos ameaza con deixar o cargo con mais sangue

:: Atenco

Esta pequena poboacion ao este de mexico distrito federal ten unha historia de desobediencia civil pacifica que venceu o macroproxecto do goberno federal de facer nas suas terras.

O tres e catro de maio do 2006 esta poboacion e o movimento de la otra campaña de inspiracion zapatista do que formaban parte foron brutalmente represaliados polos gobernos federal do PAN estatal do PRI  e local do PRD cun saldo de dous asasinados, douscentos presxs, cincoenta violacions e centos de golpeados, catro anos despois seguen no penal de el molino de flores nove veciños de atenco cunha sentencia de trinta e un anos, e tres compañeiros do frente en defensa de la tierra están nunha prision de maxima seguridade, héctor e felipe con sesenta e sete anos de condea e nacho sentenciado a cento doce anos de prision por defender pacificamente a sua terra pero con delitos inventados.

No penal de el molino segue un plantón ou campamento de apoio e denuncia con compas de la otra campaña desde hai catro anos

:: Chiapas

Os municipios autonomos zapatistas desde o levantamento indixena do ano 1994 son un exemplo para Mexico e o mundo, un exemplo de comunalidade que molesta as estructuras do neoliberalismo e dos seus aparatos gubernamentais.

O estado de Chiapas a dia de hoxe segue a ser militarizado e a violacion de dereitos humanos e a impunidade non para.

Dende o colectivo fugaemrede denunciamos as agresions e a impunidade e facemos un chamamento a solidariedade con Oaxaca Atenco Chiapas e todas as resistencias do outro Mexico.

– – – – –

Dende SICSAL lanzan unha campaña pedindo colaboración para denunciar estas violacións dos dereitos humanos. Podedes asinar neste enlace: sicsal.net/denuncias/Mexico/

2 comentarios

  1. Acabo de colgalo no meu Taboleiro: Para que os meus amigos activistasde Redondeláns,teñan unha ollada diferente.E vexan como contribue a nosa Parroquia, a informar das inxustizas. No mundode hoxe en día, as actividades e eventos, teñen que server para facer,o efecto Bolboreta.

  2. Acabo de colgalo no meu Taboleiro: Para que os meus amigos activistasde Redondeláns,teñan unha ollada diferente.E vexan como contribue a nosa Parroquia, a informar das inxustizas. No mundo de hoxe en día, as actividades e eventos, teñen que server para facer,o efecto Bolboreta.

Los comentarios están cerrados.